O venres comeza o prazo para inscribirse nas actividades culturais e deportivas en Ares
O Concello de Ares, a través dos seus edís de Cultura, Eugenio Fernández, e Deportes, José Juan Vilar, informan de que o prazo para inscribirse nas diferentes escolas e actividades municipais correspondentes ao curso que vén de comezar abrirase o vindeiro venres, día 20.
Deste xeito, as persoas que desexen apuntarse nalgunha/s das actividades culturais y/ou deportivas que promove a administración local deberán pasar polo pavillón deportivo municipal –dependencia na que se levará a cabo este trámite- para formalizar a matrícula.
En vindeiras datas, ademais, darase a coñecer o programa de actividades que se desenvolverán ao longo deste ano.











