O Val Miñor acolle a conferencia “Motivación e creatividade” do enxeñeiro industrial Jesús Fernández Alonso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O próximo venres 13 de setembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título “Motivación e Creatividade”.  O noso convidado será presentado pola concelleira de Educación do Concello de Baiona, María Jesús Garbín Domínguez.

Programa

Durante a conferencia terá lugar “unha viaxe espacial” coas seguintes estacións:

1. Despegue (situación inicial):

Analizaremos o punto de partida de cada individuo.

2. Alunizaxe (obxectivo):

Fixaremos a nosa meta e un plan adecuado para acadala.

3. Travesía (condicionantes):

Son todos os prexuízos, que nos acompañan e tratan de desviarnos ou frearnos

O convidado

Jesús Fernández Alonso, natural e veciño de Gondomar, é Enxeñeiro Industrial e realizou a especialidade en organización industrial. É tamén Técnico Superior en Riscos Laborais, especialidade de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Realizou tamén cursos de Loxística e é especialista en Lean Manufacturing

Realizou traballos para diversas empresas da área de Vigo e do Miñor. Ten publicado artigos na revista do Colexio de Enxeñeiros e leva desenvolvidas diversas palestras sobre o eido empresarial en toda Galicia.

11 de setembro de 2013 | 23:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.