O trator desbrozador acelera a limpeza dos camiños na Torre e nas zonas de Marxión e As Carolinas
A Concellería de Obras e Servizos levou a cabo esta semana unha intensa labor de limpeza de vías e camiños que se centrou no barrio de A Torre, en parte das Carolinas e Marxión. Operarios dos servizos de Medio Ambiente e de Parques e Xardíns utilizaron o novo tractor desbrozador para acelerar a corta da maleza das cunetas, completando a labor con maquinaria manual nas zonas menos accesibles para o vehículo. Tamén colaboran neste plan as brigadas de Cespa que despois de concluír unha actuación no barrio de Trabanca Badiña, a vindeira semana desprazaranse a Vilaxoán a realizar labores similares.
Os traballos realizados esta semana por parte dos operarios municipais desenvolvéronse no barrio da Torre, nunha parte das Carolinas e en Marxión. Os traballos realizáronse con maior rapidez da que era habitual, debido á utilización do tractor desbrozador cedido hai unhas semanas pola Deputación. O uso do vehículo permitiu aforrar varias xornadas de traballo e dispoñer de máis operarios para continuar traballando noutras zonas.











