O servizo de viarios de Ferrol repasou 22 tramos de rúas na zona centro da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as actuacións de reforzo en mantemento de viarios e beirarrúas acometidas do 9 ao 13 de setembro no centro histórico da cidade. Estas intervencións de repaso de mantemento se realizan de maneira paralela ao desenvolvemento do Plan de Barrios e permiten cubrir deficiencias pendentes e novas peticións veciñais.

Así, as actuacións acometidas polos operarios da empresa adxudicataria no barrio histórico da cidade se centraron no mantemento de beirarrúas e en traballos de formigonado. En concreto, as intervencións de reparación de beirarrúas se acometeron nun total de 14 tramos da rúa Magdalena; mentres que os traballos de formigonado foron executados en 8 treitos da rúa Igrexa. Tamén se están levando a cabo traballos de reposición de lousas.

17 de setembro de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.