O servizo de viarios actúa nas beirarrúas de Caranza
O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, centra hoxe as súas actuacións en reparación de beirarrúas e traballos de formigón. Máis concretamente na xornada de hoxe, os operarios da prestación municipal acometen traballos de arranxo de beirarrúas na rúa Masaia, do barrio de Caranza, mentres que executan intervencións con formigón na rúa Sánchez Barcaiztegui.











