O rexedor ourensán recibe aos bombeiros participantes nos Mundiais de Policías e Bombeiros en Belfast

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+
O alcalde na reunión cos bombeiros

O alcalde na reunión cos bombeiros

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, recibiu esta mañá en Alcaldía aos tres bombeiros de Ourense representantes do Concello nos Mundiais de Policías e Bombeiros, celebrados en Belfast entre o 1 e o 10 de agosto. Por primeira vez, tres bombeiros conductores do Servizo de Incendios e Salvamentos participaron no evento, acadando un total de sete medallas.

O alcalde felicitou a Almudena Suárez, Ramón Casimiro e Eduardo Cabaleiro, polos seus extraordinarios resultados nas distintas modalidades. Os bombeiros comentaron a experiencia e valoraron moi positivamente a súa participación, entre un total de 9.000 profesionais, cunha gran afluencia de público.

Almudena Suárez acadou un ouro en carreira de montaña; plata individual e ouro por equipos en subida a torre; e dous ouros e un bronce en orientación. Ramón Quintas foi campión da modalidade de boxeo, e Eduardo Lago participou en ergómetro cun meritorio resultado.

Os xogos mundiais de Policías e Bombeiros celébranse bianualmente, e consisten nun intercambio de experiencias entre policías e bombeiros de todo o mundo, contribuíndo a fomentar a competitividade, intercambiar experiencias e manter unha boa forma física. Ademáis de eventos deportivos, celébranse tamén conferencias e seminarios promovendo a práctica deportiva de alta competición.

5 de setembro de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.