O rexedor ourensá solicita unha xuntanza coa Fegamp e o Sergas para tratar as axudas de drogodependencia
O alcalde de Ourense solicita á FEGAMP a que convoque na maior brevidade posible unha xuntanza a tres bandas entre representantes dos concellos de Galicia afectados pola resolución de axudas para programas asistenciais de drogodependencia, e representantes da Consellería de Sanidade e o SERGAS. O fin da solicitude é acadar unha estratexia común para reorientar a situación na que se atopan ditos concellos á vista da resolución.











