O rexedor de Ourense viaxa a México para explicar as oportunidades de investimento termal para os empresarios americanos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, se despraza mañá a México á fronte dunha delegación que explicará aos inversores daquel país as oportunidades de investimento termal en Ourense. Acompañan ao alcalde a concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, a de Cultura e Educación, Ana Garrido, e técnicos municipais. Asimismo, a delegación está composta pola axente de Internacionalización da Confederación de Empresarios de Ourense, María Fernández, a xerente da Asociación de Empresarios do Polígono, Yolanda López.

O Concello de Ourense responde con esta viaxe á invitación efectuada polo concello irmán de Tlalnepantla (trámite iniciado en 2001 polo goberno do popular Manuel Cabezas) con motivo das celebracións da súa festa nacional, a independencia de México hai 203 anos.

Dado que daquela a causa principal do irmandamento foi a abundante presenza de empresariado galego nesta cidade próxima a México DF, Agustín Fernández plantexou o desprazamento como unha oportunidade para presentar aos potenciais inversores os proxectos de inminente desenvolvemento en Ourense, como a licitación pública do gran balneario no antigo cárcere das Burgas.

Empresarios e operadores turísticos

A este respecto, o alcalde celebrará varias reunións, tanto en México DF como en Tlalnepantla, con distintos grupos de inversores, operadores turísticos e representantes diplomáticos no país mexicano. Os contactos centraranse nos potenciais inversores que podan xerar retornos na área termal ourensá, aos que explicará personalmente -acompañado pola concelleira de Turismo e os técnicos municipais- os próximos desenvolvementos, tanto da zona do antigo cárcere, como doutras zonas termais.

Asimesmo, Agustín Fernández desenvolveu contactos con varias entidades empresariais para brindarlles a oportunidade de aproveitar este desprazamento para organizar distintas misión empresariais.

Así, acompañan á delegación municipal representantes da Confederación de Empresarios de Ourense, concretamente María Fernández, axente de Internacionalización, e da Asociación de Empresarios do Polígono, principal área de xeración de emprego periurbana, en nome do seu xerente, Yolanda Fernández.

Estes representantes, ademais de establecer contactos cos empresarios galegos e mexicanos presentes nas cidades de destino, se centrarán  na preparación dunha misión comercial inversa que terá lugar en Ourense a finais deste ano, e na que participarán numerosos axentes comerciais americanos.

Axenda Institucional

Ademais da  vertente comercial, a visita dos representantes ourensáns inclúe unha importante vertente institucional, que inclúe reunións con distintos rexedores da zona e dos Estados Unidos e varios actos públicos.

10 de setembro de 2013 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.