O Real Club Náutico de Vigo representa a Galicia no Campionato de España por equipos en Punta Humbría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalVigo
A-
A+

O Real Club Náutico de Vigo representa a Galicia no Campionato de España por equipos que se celebra en Punta Humbria dende o día 27 de agosto ao día 1 de setembro.

O equipo está formado por 5 regatistas do Club vigués tras impoñerse no Campionato Autonómico desta modalidade de competición, estes deportistas son os seguintes: Marcos Cordeiro, María Diz, Martin Wizner, Jaime Lusquiños e Santiago Moreno, están dirixidos pola súa adestradora Hilda Martin, o día 28 realizaron o transporte a Huelva, mentres o 28 tiveron que pasar as medicións e puideron saír a adestrar.

A competición lévase a cabo co formato de competición da clase AECIO, este sistema consiste en que pasan á seguinte fase os primeiros clasificados dos Round Robins( todos contra todos), a cada vitoria dáselle un valor, cuxo valor aumenta en medida da importancia do Round Robin, é dicir que non conta o mesmo unha vitoria na primeira fase con respecto á semifinal por exemplo.

A Competición empezou bastante ben para os regatistas galegos impoñéndose en case todos os seus enfrontamentos e poñéndollo moi difícil os favoritos, hoxe teñen que repetir un enfrontamento, que se suspendeu por un role moi grande durante a proba, se o gañan achegaríanos a semifinais.

2 de setembro de 2013 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.