O Real Club Náutico de Vigo convértese en Campión de España de Optimist por equipos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalVigo
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

O equipo de optimist do Real Club Náutico de Vigo proclamábase o pasado fin de semana campión de España de optimist por equipos de federacións autonómicas.

A competición comezaba o pasado mércores 28 de agosto baixo a organización do Real Club Marítimo e de Tenis de Punta Umbría e ata alí desprazábanse os integrantes do equipo vigués formado por Marcos Cordeiro, Jaime Lusquiños, María Diaz, Martín Wizner e Santiago Moreno.

O formato deste campionato foi de enfrontamentos, arrancando cun “todos contra todos” no que o Club conseguía o pase a cuartos, enfrontándose despois en semifinais ao RCN Palma, os primeiros clasificados ata ese momento, gañándolles en 2 das tres mangas realizadas contra eles.

Os regatistas do Náutico de Vigo pasaban así á fase final, na que se enfrontaban ao Real Club Náutico de Gandía, xogándose a vitoria ao mellor de tres probas. O RCN Vigo vencía nas dúas primeiras non tendo así que realizarse unha terceira e proclamándose Campión de España de Optimist por equipos.

3 de setembro de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.