O Real Club Náutico da Coruña dedicará toda unha semana a converterse en referente da vela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+
Presentación da actividade deportiva

Presentación da actividade deportiva

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado polo concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, presentou esta mañá unha nova actividade deportiva para a cidade na que o Concello colabora co Real Club Náutico. O rexedor destacou que a Semana Novagalicia Banco, que se celebrará entre mañá, martes 1 de outubro, e o día 13, nace coa “ambición” de converterse nun referente internacional da vela.

Carlos Negreira agradeceu aos organizadores e patrocinadores a súa implicación nesta “nova iniciativa deportiva”, vinculada neste caso ao mundo da náutica, e de xeito especial ao Real Club Náutico, unha entidade referente para a cidade. O alcalde destacou que o obxectivo é “consolidar” a proba, na que este ano participarán ao redor de 200 nenos. “É unha boa forma de colaborar cos portos de Vigo e o norte de Portugal. O deporte da náutica é unha actividade importante dos nosos portos, unha oportunidade para darse a man e referendar o carácter aberto da nosa cidade,” sinalou o alcalde.

“Esta semana náutica permite crear unha alianza entre a sociedade civil, para que os mozos se acheguen aos valores do deporte e do mar”, afirmou Negreira sobre este proxecto que aspira a ocupar un posto de relevancia internacional grazas ao esforzo conxunto dos portos galegos cos do norte de Portugal.

30 de setembro de 2013 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.