O RCN da Coruña acollerá o Gadis Optimist International Clinic do 30 de setembro ao 4 de outubro
O RCN Coruña organiza o “GADIS OPTIMIST INTERNATIONAL CLINIC”, coa colaboración da Asociación Española da Clase Internacional Optimist (AECIO), do 30 de setembro ao 4 de outubro. Este Evento está inmerso na programación da SEMANA NOVAGALICIA BANCO.
LUGAR
A primeira edición do terá lugar do 30 de setembro ao 4 de outubro nas instalacións do RCN de Coruña.
RCN DA CORUÑA Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, n.º 4 (zona Castelo S.Antón) 15001 – A Coruña. Telfs.: 981 226 880 / Fax: 981 20 30 08. Toda a información do Clinic, así como do resto dos Eventos da Semana, poden seguirse en www.semanadelatlantico.com
PARTICIPACIÓN
O Clinic está aberto todos os regatistas e técnicos das clases OPTIMIST que queiran mellorar as súas habilidades técnicas. Obrigatorio dispoñer da licenza federativa do ano en curso e sexan membros de AECIO-IODA.
FORMATO E EQUIPO TÉCNICO
O formato do Clinic deseñouse co obxectivo de mellorar técnica, táctica e estratexia, de todos os participantes. Os regatista poden participan no Clinic cos equipos do seu club.
Para unha mellor organización o Clinic contará coa coordinación de Pep Subirats e Francisco Souto e a colaboración de Rafael Serrano que é Oficial de Regatas Internacional, Andrés Pérez Jury IODA, Conxa Ontiveros – IODA Mesurer e de Secundino Cigarrán restixioso xuíz, xurado e árbitro internacionais.
Para unha mellor consolidación dos fundamentos técnicos que se traballarán durante o Clinic,se programan dúas xornadas de “Adestramento técnico” e dúas xornadas de “Regatas de adestramento”, froito dos cales se compoñerá unha clasificación de regatistas que darán unha clasificación final das Regatas do Clinic. O listado de premios farase público oportunamente antes do inicio do evento.
INSCRIPCIONES, ALOXAMENTO E FORMA DE PAGAMENTO
As inscricións e o pagamento destas realizaranse en escueladevela@rcncoruna.com ou ben a través da web www.semanadelatlantico.com
O prazo de inscrición abrirase o 15 de agosto e finalizará o 15 de setembro
O n.º máximo de participantes no Clinic é de 80 alumnos.
PREZOS DO CLINIC
– Clinic, Pícnic e Merendas…………………………… 60 €
– Paquete Aloxamento/Almorzo 30/9 a 4/10……… 90 €
O Paquete completo é polo tanto de 150 euros. Faise notar que o Hotel Oficial do Clinic, é o HOTEL MARINEDA CITY da Cadea Carrís Hoteles e ten catro estrelas, aínda cando a calidade desta instalación é de cinco. O almorzo será tamén na instalación citada. O aloxamento será en cuartos dobres ou triplos.











