O Programa Clara será inaugurado polos alcaldes da Mancomunidade do Val Miñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaGondomarLocalLocal PortadaNigrán
A-
A+

O tres alcaldes da Mancomunidade do Val Miñor, Alberto Valverde, Fernando Guitián e Jesús Vázquez Almuiña, presidiron hoxe a presentación do Programa Clara do Instituto da Muller. Unha iniciativa na que participarán 25 mulleres da comarca, sete de Baiona, nove de Gondomar e nove de Nigrán.

O programa dá comezo hoxe co obxectivo de mellorar a empleabilidade e a participación social das mulleres, especialmente aquelas en risco de exclusión social e laboral. “Un obxectivo que se acadará a través da mellora da cualificación para o emprego, con apoios personalizados que melloren as expectativas e calidade de vida deste colectivo, proporcionándolles maior autonomía e independencia”, explicou o presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Alberto Valverde.

Co fin de incrementar a empleabilidade, CLARA expón un itinerario de actuación en dúas fases. A primeira, que se desenvolverá até o próximo mes de decembro, abarca o ámbito máis persoal das mulleres participantes, tal como as súas necesidades e demandas, motivación, expectativas ou autoestima.

A segunda, que terá lugar entre xaneiro e xuño de 2014, estará centrada nos aspectos profesionais da mesma, dirixido a promover a inserción laboral tanto por conta allea como por conta propia, adaptada aos nichos de mercado da comarca. “Nesta segunda fase do programa tamén se traballa na procura de emprego e o acompañamento na inserción laboral real”, observa Valverde.

O programa

O programa está cofinanciado polo Instituto da Muller, o Fondo Social Europeo e a Mancomunidade do Val Miñor, e cuonta cunha inversión que ascende aos 29.600 euros, 6.900 para a súa implantación en 2013 e 23.000 para o 2014. Nesta edición, a Mancomunidade do Val Miñor, xunto co Concello de O Grove, son os dous únicos sitios en Galicia onde se desenrrola o programa CLARA.

25 de setembro de 2013 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.