publicidade hoxe

O primeiro semestre do ano no Concello de Miño péchase con remanente positivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMiño
A-
A+

O concello de Miño pecha o primeiro semestre do ano 2013 con superávit na Tesouraría municipal. Dende o equipo de goberno destácase, dende a prudencia, a boa noticia que supón este dato, xa que tras pechar os últimos catro exercicios en números negativos se logrou con esforzo reverter a situación.

O alcalde, Jesús Veiga Sabín, sinala a boa tendencia do dato sinalado no informe trimestral que se leva hoxe martes a pleno, pero evita caer na euforia. Non podemos caer no erro que achacabamos aos críticos cando o resultado do remanente era negativo, o remanente é unha foto fixa que reflicte a situación de tesouraría a unha data concreta e neste caso é favorable ao concello, o que demostra un cambio de tendencia pero non que o traballo este rematado”, sinala Veiga Sabín pero isto non pode levarnos a un exceso de compracencia nin a un relaxo nas políticas de austeridade, senón en continuar por esta senda”.

Conclúe o rexedor miñense afirmando que “o camiño é o correcto pero nin moito menos chegamos ao final do traxecto, só temos unha certeza que estamos na liña axeitada”.

10 de setembro de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.