O prazo para que os matrimonios de 1963 se anoten nas Vodas de Ouro conclúe esta semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social de Ortigueira informa de que o próximo venres, 4 de outubro, se pecha o prazo de inscrición para aquelas parellas orteganas, casadas en 1963, que desexen participar na homenaxe institucional que anualmente organiza o Concello de Ortigueira. O evento desenvolverase nesta ocasión na carpa que se instalará na Alameda.

O departamento municipal fai unha última chamada a aquelas parellas que cumpren durante o ano en curso o medio século de matrimonio anótense nas oficinas do Centro social de Ortigueira (teléfono 981 402542). Na súa XXIV edición, a cita adiántase ao mes de outubro, concretamente ao Día do Piar.

Deste modo, a concellaría cumprirá cunha tradición que se remonta ao ano 1990, e cuxo obxectivo non é outro que festexar, cun gran xantar e o posterior baile, os matrimonios máis lonxevos de Ortigueira.

A proposta enmárcase nas actividades de corte socio-comunitario dos Servizos Sociais, destinadas a promover a participación social e o encontro dos veciños/ás máis maiores.

30 de setembro de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.