O prazo para acceder ás últimas vacantes do curso 2013/14 na Escola de Música finaliza o mércores

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Vilagarcía de Arousa ▼
A-
A+

A Escola Municipal de Música lembra que o mércores, 11 de setembro, conclúe o prazo para que as persoas interesadas en cursar estudios musicais no centro Bernardo del Río durante o curso que está a piques de comezar, poidan acceder a algunhas das prazas que aínda quedan libres. En total están dispoñibles 37 prazas que se distribúen entre 14 do ciclo de Música e Movemento e 23 en distintas especialidades instrumentais.

No primeiro ciclo do ensino musical, disponse de 4 prazas en Iniciación á Música (para alumnos de 3 anos) e 10 prazas para Música e Movemento (5 para alumnos de 6 anos e outras 5 para alumnos de 7 anos).

Por instrumentos o maior número de prazas dispoñibles dánse nas especialidades de corda (5 prazas), vento madeira (5 vacantes) e vento metal (5). En piano aínda están libres 4 prazas e en guitarra 2. Tanto en frauta traveseira como en percusión quedan unha vacante.

Os interesados en matricularse deben dirixirse ás oficinas da Escola de Música mañá martes, 10 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 pola tarde. O mércores 11, so se poderá realizar o trámite pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas.

9 de setembro de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.