O Plan de Emprego de Ourense avanza coa concreción de propostas de actuación para crear emprego na cidade
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, presidiu esta tarde a terceira xuntanza do Pacto polo Emprego, constituído o pasado 4 de setembro polo Concello de Ourense e os axentes sociais e económicos para a elaboración dun Plan de Emprego na cidade, no que o Concello de Ourense ten previsto destinar un investimento duns tres millóns de euros de fondos municipais.
Tralas dúas primeiras xuntanzas, participan neste órgano representantes do Concello de Ourense, con presencia dos catro grupos políticos, a Confederación Empresarial de Ourense, os sindicatos UGT, CC OO e CIG, a Universidade e o colectivo de autónimos.
Coa intención de concretar actuacións consensuadas para a implementación de medidas que permitan estimular a creación de emprego, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, expuxo dez medidas clave sobre as que se asentaría a proposta municipal, entre as que se atopan:
– Axudas económicas a novas iniciativas empresariais: consiste en establecer unha liña de axudas municipais á creación de empresas, ofrecendo axudas económicas a PEMEs con domicilio en Ourense e/ou con promotores ourensáns, que iniciasen a súa actividade no último ano.
– Sistema tutelar de apoio a emprendedores locais (xerencia asistida): ofrecer un servizo de xerencia asistida durante os primeiros anos da vida dos proxectos empresariais para que se consoliden no mercado. Esta proposta consiste na aposta de programas de networking e mentoring orientados á consultoría para a consolidación de iniciativas, onde empresas xóvenes do municipio sexan tuteladas por empresas ou entidades con ampla traxectoria.
– Actuacións de apoio ao comercio exterior: trátase de apoiar actividades asociadas a asistencia a feiras comerciais de ámbito nacional e internacional, intensificando as actuacións conxuntas cos axentes responsables da internacionalización no territorio.
– Axudas á contratación de empresas: axudas para favorecer a creación de emprego no Concello mediante axudas económicas para a contratación laboral de persoas desempregadas.
– Becas de prácticas profesionais titorizadas en empresas: entendendo que as prácticas nun contorno laboral real son unha ferramenta fundamental para o aceso ao mundo laboral, contémplase a realización de prácticas profesionais a través de titorización individualizada e posta en común de ferramentas e procedementos de xestión coas entidades sociais da cidade.
– Acción mixtas de emprego e formación: programas deseñados para proporcionar unha formación teórico-práctica para o desempeño dunha ocupación profesional, mediante un convenio de colaboración con entidades sociais da cidade.
– Apoiar a creación e consolidación de iniciativas lideradas por mulleres: establecer medidas concretas encamiñadas á promoción de iniciativas lideradas por mulleres e que fomenten a conciliación.
– Apoiar a creación e consolidación de iniciativas lideradas por persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión: referido a persoas con discapacidade, parados de longa duración, inmigrantes, maiores de 45 anos, etc.
– Dinamización das zonas comerciais: convocar diversas axudas para dinamizar o comercio de proximidade, como acción de comunicación, eventos, sinalización, xornadas e seminarios.
– Dinamización das Prazas de Abastos: convocatoria de axudas e medidas para renovar ou implantar novos conceptos de negocio, acción dirixidas a promover vendas directas, e a incentivación do consumo e a difusión da calidade dos productos ofrecidos nas prazas de abastos.
A xuntanza mantida esta tarde no Centro de Iniciativas Empresariais contou coa participación de:
– Agustín Fernández, alcalde de Ourense.
– José Ángel Vázquez Barquero, concelleiro de Emprego e Promoción Económica
– Beatriz Tejada (concelleira do PP)
– Xosé Somoza, voceiro do BNG
– Gonzalo Pérez Jácome, voceiro de DO
– Ana Barrios, do sindicato CC OO
– José Luis Fernández Celis, de UXT
– Etelvino Blanco, da CIG
– José Manuel Pérez Canal, da CEO
– Lisardo Domínguez, da asociación de autónomos
– María Lameiras, vicerreitora da Universidade de Vigo – Campus de Ourense
Alberto Vaquero, economista do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo
Unha vez expostas a propostas de cada aun dos representantes os grupos municipais manterán unha reunión a semana que vén na que avaliarán aquelas máis eficientes e económicamente viables e integraranas nun documento definitivo que será presentado aos representantes do Pacto e sometido posteriormente a consideración do Pleno.











