O pavillón municipal acolle o I Trofeo de Fútbol Sala Concello de San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalSan Sadurniño
A-
A+

O próximo xoves día 12 vaise celebrar a partir das 21.30 no Pavillón Municipal de San Sadurniño o I Trofeo Concello de San Sadurniño entre o Cidade de Narón e o Troula F.S. de Betanzos. Trátase dun partido amigable que sirve de preparación para os dous clubes e tamén para a promoción deste deporte no noso concello. Antes, ás 19.30h., tamén xogará unha selección municipal e o equipo da Pombiña de Pedroso.

O Troula F.S. é un clube fundado no 1995 que este ano vai participar na 3ª División Nacional. En San Sadurniño presentará as súas novas incorporacións, entre as que destaca Iago Socastro, un xogador de longa experiencia en clubes coma o Egasa Coruña, o Talavera, o Rias Baixas, o Lobelle Santiago, o FC Barcelona ou O Parrulo, onde xogou ata a temporada pasada.

Pola súa banda, o Cidade de Narón é un clube punteiro na nosa comarca que vai participar este ano na 2ª División B, onde é un dos favoritos a facerse co campionato de liga e o conseguinte ascenso de categoría. Presenta as altas de Josito e Buján, para completar un cadro de 13 xogadores dos que tres son porteiros.

A Concellaría de Deportes elixiu estes dous equipos que están en pretemporada para estrear o trofeo xa que aseguran un bo espectáculo, polo que se espera unha boa asistencia de público. Onde tamén haberá espectáculo será no encontro previo, que comezará ás 19.30h, entre unha selección de San Sadurniño e o equipo da Pombiña de Pedroso. A entrada aos dous partidos é de balde.

9 de setembro de 2013 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.