O Pavillón da Cachada en Boiro luce nova imaxe remodelada

Vista das novas instalacións
Nestas obras que comenzaron o pasado 11 de setembro e se prolongaron ata o día de onte unha empresa contratada especializada en pavimentos e equipamentos deportivos fíxose cargos das seguintes actuacións:
– Pulido e vibrado de parquet de madeira industrial, instalado sobre capa de taboleiro contrachapado/aglomerado, regularización e saneado, aplicación de imprimación e dúas capas de barniz de poliurretano específico para a práctica deportiva, sobre unha superficie de 43×29,10 m (1251,30 m2).
– Pintado das liñas para os seguintes campos de xogo: fútbol sala/balonmán, baloncesto, voleibol (3 pistas) conforme á normativa vixente, mediante pintura de poliuretano de dous compoñentes despois dunha primeira man de barniz. Unha vez pintado, procédese cunha última capa de barniz cubrindo todo o pintado.
– Macizado completo da pista central de voleibol mediante pintura de poliuretano de dous compoñentes.
– Suministro e instalación de tapas de madeira mecanizadas con aro metálico para ocultar os anclaxes de equipamento deportivo.
– Suministro e instalación de rodapé en forma de “L” en chapa perforada con pintado epoxi.
A esto, hai que sumar outras accións, que completan a obra prevista:
– Colocación de vinilos na pista co nome de “CONCELLO DE BOIRO” e tamén o escudo institucional.
– Cubrición dos tubos de desagüe internos que cruzan polo teito a pista con material impermeable, co obxectivo de solucionar os problemas de pingueiras na pista ocasionados por condensación. Estes traballos foron realizados por persoal do Concello.
– Pintado das paredes dos fondos da pista polideportiva en blanco en azul oscuro, traballo efectuado tamén por persoal do Concello.
– Furados na pista (cemento baixo parquet) para colocar os 6 anclaxes dos postes de voleibol, traballo efectuado por empresa especializada
– Compra de 3 xogos de postes de voleibol.
– Realización dunha mesa de 3,5 m de longo (carpinteiro do concello) para realizar as anotacións na pista durante os partidos, conforme á normativa oficial da Federación Española de Voleibol.
A día de hoxe están todos os traballos rematados, excepto a colocación do rodapé arredor da pista, previsto para a vindeira semana e o pintado das paredes laterais da pista.
Salientar que se procurou axilizar estes traballos xa que este sábado se disputarán nestas instalacións as semifinais da Copia Galicia por parte do Club Voleibol Boiro.











