publicidade hoxe

O órgano provincial lucense destina 18.000 euros ao acondicionamento da ruta das Insuas en Rábade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoRábade
A-
A+

A Deputación está a acondicionar a ruta das Insuas do Miño dentro da súa aposta polo medioambiente, como oportunidade económica, e o desenvolvemento sostible da provincia. O organismo provincial rematou coas actuacións de mellora no treito que discorre dende a Casa das Insuas ata a ponte que cruza as Insuas, no Concello de Rábade. A institución levou a cabo estes traballos en colaboración con dito municipio, que cedeu os terreos, e a Asociación Custodia do Territorio, que participou na execución das tarefas.

Sonsoles López Izquierdo, Deputada de Medio Ambiente e Enerxía Renovable, supervisou as actuacións levadas a cabo, nas que o organismo lugués investiu 18.000 euros. Estes traballos consistiron na roza, xa que existían puntos onde a maleza impedía o paso dos viandantes; na retirada de raíces e arbustos, con perigo de derribo; no nivelado do firme; e na mellora do sistema de drenaxe para evitar acumulacións de auga.

Estas actuacións executáronse respectando o medio natural e procurando o mínimo impacto no contorno, de xeito que todos os elementos situados se atopan perfectamente integrados no medio. O prazo de execución destas tarefas foi de 15 días.

A institución consegue, deste xeito, que se poida transitar pola ruta da Insuas en Rábade durante todo o ano. O organismo provincial xa está a tramitar os permisos legais necesarios para poder actuar no que resta da ruta das Insuas, impulsando os recursos naturais da provincia para xerar riqueza.

28 de setembro de 2013 | 22:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.