O Oral paraliza a revisión do padrón de vaos en Tomiño por petición do goberno local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

O ORAL paralizará a revisión do padrón de vaos que estaba levando a cabo no Concello de Tomiño, despois de que o concelleiro de Facenda, Uxío Benítez Fernández, así o solicitara en conversación telefónica e por escrito ao director do ORAL, Miguel Santirso.

Dende o Concello demandouse que o proceso “sexa paralizado até contar cunha reforma da ordenanza máis rigorosa e actualizada”.

Asemade, o concelleiro de Facenda afirmou que, a ordenanza municipal aprobada en 1998, que ampara o cobro (segundo o ORAL) da citada taxa, “está obsoleta e existen discrepancias e incongruencias, coma por exemplo, que o feito impoñible sexa beiravía e non beirarrúa, ou que as taxas non diferencien o paso a través de dominio público da reserva de utilización do dominio público. Ademais, segundo Benítez, en moitos casos existen dúbidas de que as beirarrúas formen parte do dominio público local, xa que foron cesións e obras realizadas por particulares”.

4 de setembro de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.