O obradoiro de olería para adultos comeza mañá nas Torres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Mañá comeza unha nova edición do obradoiro de olería para maiores de 18 anos, que organiza o Concello de Oleiros. Esta actividade será impartida por José Luis Rivas Fernández, o gran ceramista e escultor que leva impartindo este obradoiro desde os seus inicios.
O curso durará ata decembro e será os luns e martes de 18.30 a 20.30 horas.

As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao departamento de Cultura ao teléfono 981 610 000.

30 de setembro de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.