O novo curso da Escola Municipal de Música contará con 414 alumnos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Escola Municipal de Música contará no curso 2013/14 cun total de 414 alumnos, o que supón un incremento de 40 matrículas, tendo como gran novidade a implantación por primeira vez neste centro da materia de Iniciación á Música para nenos e nenas de 3 anos. Destes 414 alumnos, 206 teñen entre 3 e 7 anos e polo tanto cursarán iniciación á Música e Música e Movemento, mentres que os restantes 208 recibirán clase nas diferentes especialidades instrumentais a partir de 8 anos. Por outro lado, o plantel do centro componse de 9 docentes. Coas 414 matrículas rexistradas este ano, a Escola Municipal de Música bernardo del Río continúa sendo a segunda de Galicia no que a alumnado se refire.

Este xoves 19 de setembro ás 19:00 horas terá lugar na Sala de Concertos da Escola de Música a presentación para os alumnos de 3 e 4 anos. Nesta presentación, os mestres falarán das novidades para o alumnado de Iniciación á música (3 anos) e de Música e Movemento (4 anos). Ó remate do acto, os docentes ofrecerán un concerto de benvida representando “Un día no verán de Xián e Antía”, unha adaptación do conto musicado que os mestres da Escola de Música interpretaron o pasado curso en 14 centros educativos de Infantil, Primaria, Garderías e Educación Especial do Concello de Vilagarcía.

O venres 20 de setembro será a presentación do alumnado de Música e Movemento de 5, 6 e 7 anos, tamén ás 19:00 horas. Ademais de comentar as novidades do curso, rematarse o acto co concerto sorpresa no que os profesores interpretarán diversos estilos de música, de forma amena e entretida.

18 de setembro de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.