O Museo Municipal de Ourense inaugura o novo curso coas obras de Leticia Osorio e César Biojo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Co comezo do mes de setembro, novas exposicións dan continuidade á programación que o Museo Municipal ten ao longo do ano. Neste caso os protagonistas son Leticia Osorio e César Biojo, que mostrarán os seus traballos a partir de mañá xoves e ata o vindeiro día 29.

O Concello de Ourense inicia desta forma o novo curso, reafirmando o seu compromiso coa consolidación do proxecto museístico neste caso con dous artistas moi implicados co noso Museo. Leticia Osorio e César Biojo, artistas de nova xeración e íntimamente ligados a nosa cidade, inauguran – mañá ás 20.00 horas – unha exposición en resposta a un intercambio de tendencias a obra multidisciplinar duns artistas que circula no mundo da Arte Contemporánea como creadores de grande proxección.

Ambos creadores, viven a súa implicación artística de maneiras plásticas moi diferentes, pero cun grande compromiso intelectual, xerando unha grande cantidade de resultados artísticos contemporáneos, rozando en ocasións un expresionismo abstracto e unha serie de correntes de vangarda achegándose a un realismo a través de sensacións matéricas totalmente atractivas para o espectador. Os propios Fondos do Museo, albergan desde o ano 2010 a obra Marta Gómez III de César, e Autorretrato, de Leticia, obras de grande formato e que responden aos números de inventario 1265 e 1258 respectivamente.

Dende a cuidada programación anual mostramos a nosa implicación profesional e compromiso co ámbito artístico do noso tempo, convidando a todas e todos a disfrutar do Museo de todos os ourensáns.

4 de setembro de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.