publicidade hoxe

O municipio de Tordoia homenaxea aos seus deportistas máis novos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+
O rexedor xunto aos deportistas homenaxeados

O rexedor xunto aos deportistas homenaxeados

O Concello de Tordoia rendiu unha homenaxe ao seus deportistas máis novos nun acto no que se lles fixo entrega dun total de 400 euros en concepto de bolsa destinada a adquirir material deportivo. Martín Liste, de 17 anos, campión de España de lanzamento de disco e galego nos últimos catro anos;  Alejandro Suárez, de 10 anos, campión galego alevín  de inverno en salvamento deportivo e Marta Rosende, de 12 anos, campiona de España no campeonato estatal de inverno e verán na proba de 50 rescata aletas, tamén na disciplina de salvamento deportivo foron os tres homenaxeados nun acto que encheu o salón de plenos municipal. Marta, ademais, acadou un record de España nesta proba de 50 rescate cun tempo que mellorou incluso ás da categoría superior.

Canda eles os compañeiros de Salvamento Deportivo do Clube Deportivo Cerceda recibiron o recoñecemento polo traballo levado adiante e polos éxitos que están acadando. Éxitos que non serían posible sen o compromiso dos seus pais e dos seus adestradores, Beni Vázquez e Cristina Pereiro, no Salvamento Deportivo, e Pepe Domínguez, o de Martín Liste. Todos eles asinaron no libro de honra do Concello de Tordoia ao tempo que o seu rexedor, Antonio Pereiro, destacaba os sacrificios que supón manter unha carreira deportiva polo que os animou a continuar traballando nestas disciplinas que tantas alegrías están dando.

Neste sentido, Beni Vázquez, adestrador de Marta e Alejandro, destacou o grande potencial que hai na comarca nesta discicplina tan pouco coñecida como o salvamento marítimo. “En Galicia existen nove clubes e tres deles están na Coruña: Carballo, Laracha e Cerceda. Levamos sete anos competindo, catro a nivel español, e a evolución foi excelente: desde a primeira competición estatal en que acadamos unha medalla ata esta última, na que voltamos con 15 danos unha idea do enorme salto adiante”, explica, ao tempo que aclara que actualmente o Clube Deporitvo Cerceda compite no campionato galego, promovido pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo e no español, da federación estatal e tanto en salvamento en piscina como en praia.

No caso de Martín o seu adestrador, Pepe Domínguez, destacou o traballo deste rapaz do clube Atlética A Silva ao longo destes últimos anos, que o levou a acadar o campionato galego de lanzamento de jabalina en 2010, 2011 e 2012, así como o subcampionato galego de hepatlon 2013 e subcampionato galego de 100 e 60 metros lisos en 2013. “Agardamos que as lesións o respeten para continuar traballando nesta nova tempada”, explicou.

30 de setembro de 2013 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.