O Multiusos de Mos acolle un obradoiro e concerto de pandeireta italiana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+

A concellería de Cultura que dirixe a edil mosense Sara Cebreiro organiza un obradoiro gratuíto de pandeireta tradicional italiana impartido por Emilio Antonio Cozza do grupo Brigan. O obradoiro impartirase o vindeiro venres, día 20 de setembro, a partir das 19.00 horas no centro Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos. Deseguido, ás 23.00 horas, e no mesmo lugar, o grupo Brigan dará un concerto con entrada libre e tamén totalmente gratuíto.

O grupo Brigan resultou recentemente vencedor do I Concurso Internacional Oviedo Universo Folk no que participaron un total de 23 grupos procedentes de España, Italia e Portugal.

Os interesados en participar no obradoiro de pandeireta teñen de prazo para inscribirse ata o xoves 19 de setembro de xeito presencial, telefónicamente ou por correo electrónico escribindo ó enderezo cultura@concellomos.es.

17 de setembro de 2013 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.