O mercado do alimento labrego dos Tilos contará nas fins de semana cunha cantina
O mercado do alimento labrego dos Tilos vén con novidades para este de setembro. Os primeiros sábados de cada mes colocarase unha carpa cunha cantina para que ademais de xeito que os clientes ademais de mercar froitas ou verduras poidan tomar unha consumición acompañada dun petisco. O primeiro día de funcionamento da cantina será o sábado 7 de setembro e logo seguirá funcionando de xeito estable no primeiro día de mercado de cada mes.
Na cantina, que estará atendida polos propios vendedores, ofrecerase viño, café ou limonada natural. Estas bebidas, que se cobrarán a prezos populares, estarán acompañados de petiscos que farán os propios produtores que se poñerán de xeito gratuíto.
En colaboración co Concello tamén se presenta outra novidade neste mes. Concretamente un reparto de bolsas da compra reutilizables. As bolsas serán distribuídas os días de funcionamento da cantina. Os clientes recibirán un vale no posto no que merquen, que deberán canxear no bar. O Concello de Teo encargou un total de 300 bolsas biodegradables e reutilizables cun deseño no que se recolle a lenda Mercados de Teo como un xeito de promoción máis desta iniciativa e que se irán repartindo durante estes próximos meses de outono.
O mercado dos Tilos funciona dende hai máis dun ano os sábados pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas na praza circular da urbanización teense dos Tilos. Nel ofértase produto local e de tempada. A súa filosofía é que se poida atopar froita, verdura, leite do entorno máis próximo, que vén dunha agricultura sostible e busca tamén un consumo consciente e responsable.
Ademais dos produtos máis estacionais como son as froitas e verduras de tempada no mercado pódense mercar queixos, leite de producción ecolóxica, doces de elaboración caseira, marmeladas ecolóxicas, ovos, mel ou mesmo herbas aromáticas.
No mes de xuño o mercado, posto en marcha grazas á colaboración entre o Concello de Teo e o Sindicato Labrego Galego, cumpría un ano cunha valoración do seu funcionamento moi positiva por parte dos vendedores.











