O luns comezan as obras do firme na rúa Calvario no núcleo de Arcade, en Soutomaior

Plano da estrada onde se realizarán as obras
O vindeiro luns, 16 de setembro, comezan as obras de reparación do firme existente na rúa Calvario no núcleo de Arcade, no Concello de Soutomaior.
Trátase de mellorar a situación do firme dun treito de máis de 600 metros da estrada que une as localidades de Peredes e Arcade, dado a situación actual que presenta. Para a mellora do tramo comprendido entre o punto quilométrico 2+930 ao 3+580 será necesario fresar e repoñer o firme, debido ao seu deterioro superficial e estender una nova capa de rodadura e, posteriormente, o repintado do treito.
O importe desta actuación, que se prolongará durante os próximos dous meses, implica un investimento de máis de 60.000 euros, que serán abonados pola Axencia Galega de Infraestruturas.











