O libro ‘Rodado en Lugo’ recolle a influencia da cidade no cine coa súa aparición en 84 películas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugoLugoProvincias
A-
A+
Presentación do libro "Rodando en Lugo"

Presentación do libro “Rodando en Lugo”

A delegada territorial, Raquel Arias, subliñou hoxe o “excepcional traballo” realizado por Manuel Curiel ao poñer de relevo o “influxo artístico “ e a vinculación de Lugo co cine a través das 84 películas cuxa rodaxe se desenvolveu na provincia e que aparecen no seu libro Rodado en Lugo.

A delegada fixo extensivo o recoñecemento a todo o grupo Fonmiñá, organizador da Semana de Cine, que hoxe abre os actos da súa 35ª edición coa presentación deste novo libro do director do certame.

Arias agradeceu o labor que desenvolve o grupo en prol da cultura, e en concreto o feito de que acheguen a Lugo obras cinematográficas moitas veces excluídas dos circuítos comerciais e que dificilmente chegarían á nosa provincia de non ser pola Semana de Cine.

Igualmente, lembrou que, en paralelo co certame, estase a producir unha importante biblioteca sobre cine en Lugo “dado que xa agardamos en cada edición unha nova obra de Curiel que nos ilustre tanto sobre os cines que tivo a cidade como sobre figuras lucenses vinculadas ao cine ou sobre rodaxes, como a presente”.

A delegada referiuse tamén á exposición que acompañou á presentación indicando que “se ben o cine une a literatura e a fotografía dunha forma única, ambas por separado constitúen arte, coma poderemos comprobar nesta mostra”.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa celebración desta Semana de Cine, na que se proxectarán 83 títulos de distintas metraxes, xéneros e temáticas tanto para público infantil como xeral.

O grupo cinematográfico Fonmiñá inclúe nesta ocasión unha sección dedicada a películas relacionadas ou rodadas na provincia luguesa, dentro da que poderán ver 10 filmes: Fuego, Matías, juez de línea, Beatriz, El rey del río, Volvoreta, A los que aman, La vieja música, Cuando vuelvas a mi lado, Besos en la oscuridad e Tierra de Fuego.

16 de setembro de 2013 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.