O I Open Cidade da Coruña de Pádel celébrase o 28 de setembro
O Concello, a través da Concellaría de Deportes, colabora na celebración do I Open Ciudad da Coruña de Pádel, que empeza mañá, sábado 28 de setembro, e conclúe o 5 de outubro. A previsión é que se inscriben no torneo entre 100 e 120 parellas.
As instalacións do A1 Padel na Grela acollerán esta primeira edición. Ao tratarse de categoría open, a proba está aberta a todos os xogadores, que se distribuirán en cinco categorías: 1ª, 2ª e 3ª Masculina; Feminina (cadro único);
1ª e 2ª Mixta; Menores sub 23; e Veteranos (máis de 45 anos).
O Concello colabora neste torneo dentro do seu compromiso de apostar polo deporte base. Ademais, será a antesala á posta en marcha das escolas de pádel, que se iniciarán nas instalacións dos campos da Torre cando rematen as obras.











