O Grove conmemora o 50 aniversario da Festa do Marisco coa súa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional
O Concello do Grove acollerá un ano máis, e xa van 50, a súa tradicional Festa do Marisco que conta con gran tradición e repercusión tanto a nivel autonómico como español. É esta dimensión do evento e a súa facultade para divulgar a calidade dos produtos do mar e os recursos turísticos da zona o que permitiu este mesmo ano a súa declaración como Festa de Interese Turístico Nacional.
Para conmemorar estes cincuenta anos, dende o Concello do Grove planificouse unha ampla programación que permitirá aos visitantes e veciños do municipio gozar da calidade da gastronomía galega en torno á que se organizarán diversas actividades lúdico culturais que ocuparán as xornadas do 4 ao 13 de outubro.
Para acceder á programación completa pinche aquí.











