O goberno local concede axudas para a adquisición de material escolar
O Concello de Ribadumia aprobou onte en Xunta de Goberno Local a concesión de axudas para libros de texto e material escolar. Trátase dunha iniciativa nova, proposta polo actual goberno, que pretende apoiar e axudar ás familias con menos recursos e compensar o gasto que supón a compra de novos libros de texto e do material no comezo do curso escolar.
Concedéronse un total de 8 axudas, das 9 solicitudes presentadas.
As axudas están destinadas a infantil, primaria e secundaria, para o alumnado empadroado en Ribadumia e que estea matriculado nalgún centro do municipio durante o curso 2013-2014. A finalidade e promover o acceso en condicións de igualdade e previr o risco de fracaso escolar dos menores con escasos recursos económicos.
Os solicitantes non poden percibir outras achegas polos mesmos conceptos e deben cumprir uns limites económicos que se establecen no 100% do SMI para dúas persoas, incrementando nun 20% por cada membro adicional.
As contías establécense en 80€ para 2º ciclo de infantil dirixidos a compara de libros e material escolar e de 70€ en Primaria e Secundaria para a compra de material escolar e roupa deportiva.











