O goberno local aproba o proxecto de normalización do mobiliario urbano na Magdalena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, deu a coñecer hoxe o proxecto de normalización do mobiliario urbano do barrio de A Magdalena. Esta proposta de mellora urbanística foi aprobada esta mañá en Xunta de Goberno Local e responde a necesidade de homoxeneización que recolle o Plan Especial de Protección e Rehabilitación do barrio de A Magdalena.

Acompañado do concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, Guillermo Evia Pérez, e da voceira do Goberno Municipal, Martina Aneiros Barros, o primeiro edil da cidade explicou que este proxecto “permitirá presentar unha boa imaxe da cidade a través da homoxeneización do mobiliario da zona e complementar a actuación de renovación de papeleiras que se realizou este mesmo verán”. Actualmente, o mobiliario urbano do barrio histórico de A Magdalena é produto de diversas intervencións ao longo dos anos e sofre dunha falta de homoxeneización xeral.

Así as cousas, este proxecto de normalización dos elementos urbanísticos contempla a instalación de 60 xardineiras -30 de planta circular e 30 cadrada-; 38 bancos -27 de modelo sinxelo e 11 dobres- con respaldo e un modelo máis actual; 7 aparca-bicicletas; 3 expositores; e unha fonte.

Reubicación do mobiliario existente

A implantación destes elementos urbanísticos afectará as rúas María -dende Praza de España a Rubalcava-, Galiano, Dolores, Real -dende Praza de España a Méndez Núñez-, e Magdalena -dende Rochel a Rubalcava-. Segundo explicou o edil de Urbanismo, Guillermo Evia, aproveitarase o mobiliario urbano xa existente noutras zonas da cidade.

23 de setembro de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.