O goberno de Vigo entrega a bandeira da cidade ao alpinista Sechu López ante o reto de conquistar un novo oito mil

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Acto de entrega da bandeira

Acto de entrega da bandeira

O segundo tenente de alcalde, Carlos L. Font, e o edil de Deportes, Manel Fernández, fixeron entrega este luns dunha bandeira da cidade ao alpinista vigués, que hoxe mesmo parte cara a China co obxectivo de acadar o cumio do Shisha Pangma a finais deste mes ou comezos de outubro.

O goberno de Vigo, representado por Carlos Font e Manel Fernández, entregou este luns unha bandeira da cidade a Sechu López, que inicia a súa expedición ao Shisha Pangma voando hoxe mesmo a China.

Tanto Carlos Font como Manel Fernández trasladon ao alpinista vigués o apoio do goberno municipal e entregaron a bandeira “coa intención de que ondée na cume” da montaña tibetana, a menor dos catorce oito miles con 8.027 metros.

Sechu López agradeceu ao Concello a entrega da bandeira, que levará “con orgullo”. Explicou o deportista que, recén chegado a Vigo despois do seu traballo de preparación e aclimatación en altitude nos alpes suizos, prevé acadar cumio a finais de setembro ou comezos do mes de outubro, se “as cousas van ben e a meteo acompaña”.

2 de setembro de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.