publicidade hoxe

O goberno das Pontes investirá 25.000 euros na construción dun parque de monopatíns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de As Pontes, en Xunta de Goberno, ven de aprobar o expedente de contratación, mediante negociado sen publicidade, dun parque para monopatíns que será instalado na praza da Lembranza, ubicada no barrio da Casilla, a carón do lago de As Pontes.

Este parque contará cun orzamento inicial de 25.776 euros e contará con elementos adaptados para a práctica de skate, BMX e patíns en liña, módulos que se poderán desmontar e montar novamente no caso de que sexa necesario.

Deste xeito, o executivo local busca dar resposta a unha vella demanda da mocidade pontesa que verá así cumpridas as súas necesidades de contar cunhas instalacións axeitadas para a práctica deste deporte.

No tocante ao proxecto, éste contará con diferentes módulos que se deseñaron seguindo as indicacións e asesoramento dun grupo de practicantes deste deporte, residentes en As Pontes, e que tiñan que trasladarse a outros concellos coma Narón para practicar esta modalidade deportiva.

A construcción deste novo espazo deportivo, que complementa a importante oferta de instalacións deportivas coas que conta o municipio, porase en marcha unha vez se adxudique o proxecto.

2 de setembro de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.