O goberno da Coruña renova o convenio de colaboración con Obra Social La Caixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, informa da renovación do convenio de colaboración coa Obra Social La Caixa para desenvolver o programa Cibercaixa. Quedamos ao saír de clase.

O obxectivo desa iniciativa é facilitar recursos e actividades lúdico-educativas aos nenos e nenas, á vez que se incorporan as tecnoloxías da comunicación e a información en centros que atenden, en horario extraescolar, aos menores das familias con problemas para conciliar a vida familiar e laboral. Polo tanto, pretende crear espazos de relación e comunicación e apoiar os nenos no seu proceso de sociabilización e maduración nun ámbito de educación non formal.

O programa desenvólvese nas tres CiberCaixa da cidade, espazos cunha zona de informática, un lugar para a lectura dotada con equipos audiovisuais e unha área infantil. O Concello comprométese a asumir o custo de mantemento das CiberCaixas e proporcionar os recursos humanos necesarios para a súa dinamización. O convenio estará vixente ata o 31 de decembro de 2014. O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, estivo acompañado no acto por Marc Simón, director da área social da Fundación La Caixa.

26 de setembro de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.