O goberno compostelá apoia á candidatura de Madrid para acoller os Xogos Olímpicos de 2020

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Membros da corporación coa bandeira da candidatura

Membros da corporación coa bandeira da candidatura

O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi unha representación da Real Federación Hípica Española que realizou o Camiño de Santiago en apoio á candidatura olímpica de Madrid 2020. Os membros da comitiva, que portaban distintivos de Madrid 2020, entregaron a bandeira da candidatura ao alcalde, que expresou o seu convencemento e desexo de que a capital de España sexa elixida como sede olímpica. Horas antes de que se produza a decisión final do Comité Olímpico Internacional en Bos Aires, a delegación hípica española pediu a intercesión do Apóstolo a favor da candidatura madrileña.

O 30 de agosto, 40 xinetes e amazonas partiran dende distintos puntos de España para percorrer o Camiño Francés de Santiago cos seus cabalos de pura raza española. Neste 6 de setembro chegaron a Santiago, onde tamén tiñan previsto participar na misa do peregrino. Esta iniciativa é unha mostra pública de apoio á candidatura olímpica de Madrid.

6 de setembro de 2013 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.