O Frigoríficos del Morrazo faise co título da Copa Galicia 2013 de balonmán
Frigoríficos del Morrazo, 28: Santiago Gallego, Serafín Pousada (2), Iván Amarelle (3), Rubén Soliño (6), Suso Soliño (2), Felix Peter Schmidl , Fernando Eijo (1), Mile Mijušković (1), Eloy Krook Castaño (1), Daniel Cerqueira (2), Adrián Rosales (4), Adrián Pumar (1), Ángel Iglesias (1), Alen Muratović (1) e David García (3).
S.D. Teucro, 21: Juan Bar, Marcos Dorado (1), Carlos Pombo (2), David García (5), Alejandro Pombo (5), David Chapela, Miguel Porto, Tomás Moreira (1), Víctor Rodríguez (2), Daniel Pereira, Iván Fernández, César Armán (1), Carlos García (1), Borja Fernández (3) e Miguel Sio.
Árbitros: Andrés Rosendo e Carla Diz (Colexio galego). Excluíron dous minutos a Iván Amarelle, Adrián Rosales e Alen Muratović e descualificaron a Fernando Eijo polo Frigoríficos do Morrazo, mentres que polo Teucro excluíron a César Armán.
Marcador cada cinco minutos: 4-2, 6-5, 8-7, 10-8, 13-12, 15-13 (descanso), 17-13, 19-15, 20-15, 23-17, 27-18 e 28-21 (final).
Incidencias: Final da Copa Galicia de Balonmán Masculino 2013 que se desenvolveu no Pavillón do Rosal. Moi boa entrada e gran ambiente nas gradas. Acudiron ao partido o alcalde do Rosal José María Fernández Portela; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro, entre outras autoridades locais e provinciais. O presidente da Federación entregou un obsequio ao alcalde de O Rosal e as comunidades de montes en recoñecemento ao seu traballo na extinción dos incendios que sufriu a súa comarca hai unhas semanas.
CRÓNICA: O Frigoríficos do Morrazo acadou o título de campión da Copa Galicia de balonmán por segundo ano consecutivo, despois de gañar á Sociedade Deportiva Teucro (28-21) na final celebrada hoxe no pavillón do Rosal.
O conxunto dirixido por Pillo partía como favorito, pola súa condición de conxunto de Asobal, a pesar de que nas semifinais pasou moitos máis apuros dos previstos contra o Atlético Novás (de Primeira Nacional). Seguramente por iso, saíron moito máis concentrados para non dar opción á sorpresa. Así, xa dende o inicio foron por diante no marcador, aínda con distancias curtas. O Teucro non quería ceder e apertaba en defensa para seguir vivos no partido e así chegaron ao descanso dous goles abaixo. Pero no inicio da segunda metade, o Frigoríficos saíu a por todas e foi aumentando as distancias pouco a pouco: No minuto 50, gañaban por cinco tantos. Pero foi no último cuarto do choque cando se rompeu por completo, ao lograr o conxunto cangués un parcial de 7-3, que aumentou as distancias ata os nove goles e restaron interese aos minutos finais.
Final de consolación. Na loita polo terceiro e cuarto posto, o Academia Octavio acabou impoñéndose ao Atlético Novás, que volveu a amosar un xogo atrevido fronte a un equipo dunha categoría superior. O conxunto vigués, pese as baixas, impuxo á lóxica tralo descanso e logrou o terceiro posto (27-30).











