O Festival Internacional de Xardíns de Allariz participa no Park(ing) Day
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz é o lugar elixido para celebrar o Park(ing) Day. Mañá, 20 de setembro, Allariz participará neste evento que se realiza a nivel mundial.
Park(ing) Day é un evento anual, aberto á participación da cidadanía que consiste en transformar durante un día unha praza de aparcamento nun xardín efémero ou temporal.
Arredor dunha decena de iniciativas en diferentes localidades participarán realizando un xardín nunha praza de aparcamento. Madrid, Valencia, Baleares, Andalucía ou Galicia son as comunidades autónomas nas que se levarán a cabo estes proxectos. En cada emprazamento instalarase un xardín efémero, ocupando unha praza de aparcamento da cidade durante unhas horas. Nel explicarase os transeúntes as vantaxes de aumentar as áreas verdes públicas e privadas nas áreas urbanas.
Trátase dun evento aberto, colaborativo, sen ánimo de lucro e non comercial que ten lugar en prazas de estacionamento sinaladas por todo o mundo.











