O éxito de participación rexistrado no Festival das Núbebes garante a súa permanencia en 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

As concellarías de Benestar Social Municipal e Cultura pecharon onte o Festival das Núbebes no que estivo sumerxido o concello nos dous últimos fins de semana. Foi o primeiro festival de artes escénicas para bebés de 0 a 5 anos creado no Estado.

Carmen Fouces destacou esta mañá a “o éxito co que foi acollido polas familias, especialmente polos máis pequenos, a quen estaba dirixido”.  As 30 actividades propostas polo Concello rexistraron “un cheo absoluto”, de feito dende a Concellaría de Benestar quérese agradecer a paciencia das familias á hora de acceder ás actividades. Dende a Concellaría lémbrase que o aforo era limitado porque os espectáculos estaban pensados para que todos os nenos asistentes puidesen participar deles, algo que non sería posíbel de ter aforos amplos.

O Festival das Núbebes naceu con desexo de continuidade que o terá debido ao éxito desta primeira edición. E porque así o amosaron as ganas de pais e nais, tamén dos nenos, por repetir esta experiencia e poder satisfacer a todas as persoas que non puideron acceder.

Dende a Concellaría de Benestar Social Municipal lémbrase que o Festival das Núbebes é único por estar pensado e dirixido aos máis pequenos da casa, e está inxerido dentro da oferta cultural dunha cidade pensada para as persoas e, especialmente, para os nenos.

30 de setembro de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.