O executivo ferrolá adxudica a redacción do proxecto de reurbanización da rúa Sol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O goberno municipal de Ferrol, que preside Jose Manuel Rey Varela, aprobou hoxe a adxudicación do contrato correspondente á redacción do proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a reurbanización da rúa Sol entre a praza de España e a rúa Atocha. Así, a Xunta de Goberno Local, celebrada esta maña no Pazo Municipal, acordou que sexa a empresa “Entyl Ingenieros S.L.”  a que se ocupe da elaboración do dito proxecto  e cuxo custo está cifrado en 41.140 euros (21%de IVE incluido).

Ademais, o Executivo local deu luz verde esta mañá á adxudicación da contratación do servizo de roce de viarios e limpeza de cunetas da zona rural do Concello de Ferrol á empresa “Extraco S.A”. Esta licitación constitúe a primeira ocasión en que un goberno municipal acorda que sexan dúas e non unha as pasadas que se efectúen na zona rural do termo municipal ferrolán ao longo do ano. O importe total da adxudicación é de 83.027,78 euros (IVE incluído).

Cartografía, ortofoto dixital e rede topográfica

Outro dos asuntos aprobados esta mañá en Xunta de Goberno Local foi a adxudicación correspondente á contratación do servizo de elaboración dunha cartografía Six a escalas 1:500, 1:1000, 1:2000, ortofoto dixital e rede topográfica no Concello de Ferrol. Así, a empresa “Seresco S.A” foi a firma  que recibiu maior puntuación, nun proceso de licitación no que participaron outras seis empresas. O importe da adxudicación ascende a 139.755 euros (21%de IVE incluido) e consitúe o paso previo para a licitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Plan Urban e Proxecto “Abrir Ferrol ó Mar”

Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno Local aprobou os pregos e o inicio do procedemento para a contratación do proxecto de creación e difusión de recorridos turísticos, edición e produción de audioguías e sinalización de fitos, que forma parte do Plan Urban. O orzamento de licitación ascende a un total de 62.500 euros (IVE incluido), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), e o prazo de execución é de catro meses.

Tamén se acordou aprobar a prórroga do prazo de execución correspondente á contratación do “Proxecto básico e de execución, dirección de obra e estudo de seguridade e saúde para a reurbanización dos Xardíns de Herrera, rehabilitación dos baixos da Costa de Mella e mellora da comunicación e da accesibilidade co Paseo do Túnel dentro do Proxecto “Abril Ferrol ao mar”. Deste xeito, a empresa “Arqub 27 estudio”, adxudicataria deste contrato,  disporá dun prazo dun mes. 

3 de setembro de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.