O executivo coruñés incrementará nun 40% as axudas aos programas de ABAC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+
Calvo e Negreira na inauguración das novas instalacións

Calvo e Negreira na inauguración das novas instalacións

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, anunciou esta mañá, na inauguración das novas instalacións da Asociación de Bulimia e Anorexia (ABAC), que o Goberno municipal consolidará o seu compromiso co área de Servizos Sociais no orzamento do próximo ano, onde incrementará nun 40% o orzamento para colaborar coa entidade que preside Mariña Tallón na realización das súas actividades.

Carlos Negreira agradeceu á Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña o traballo realizado para “converter a cidade en pionera” no tratamento das condutas alimentarias. Neste sentido, o alcalde destacou que a inauguración da nova sé na rúa Begonias, no Barrio das Flores, permitirá á entidade consolidarse como “centro de referencia”, ofrecendo aos pacientes un “mellor trato e de máis calidade”, pois agrupa dentro de una mesma instalación o comedor, o centro terapéutico e a sé administrativa.

O alcalde animou á Asociación de Bulimia e Anorexia a “redoblar os seus esforzos” para dar a coñecer o seu traballo, á vez que anunciou que o Concello intensificará a súa colaboración coa entidade: o próximo ano aumentará un 40% o orzamento do convenio con ABAC. En 2013, o Goberno local, a través de Servizos Sociais, xa colabora con 7.000 euros no desenvolvemento dos programas de inserción social da Asociación de Bulimia e Anorexia.

“Somos líderes en axudas sociais e queremos contar de novo para o próximo ano cos orzamentos máis sociais de Galicia”, destacou Negreira. Na inauguración das novas instalacións de ABAC, ademais do alcalde, estiveron presentes, entre outras autoridades, o concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo; o presidente da Diputación da Coruña, Diego Calvo; e a xefa territorial da Consellería de Sanidade, Cristina Pérez.

25 de setembro de 2013 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.