O executivo carballinés mantén o seu compromiso co pagamento aos provedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O actual grupo de goberno do concello do Carballiño é consciente que a economía local se mantén grazas ao seu comercio, aos seus veciños. Por iso, dende que iniciou o seu mandato á fronte da casa do concello carballiñés, o alcalde e o seu grupo de goberno apostaron por axilizar o pagamento aos profesionais que traballan coa institución municipal, aos provedores.

Foi obriga para todos os concellos de España remitir ao goberno da nación o listado de todas as facturas rexistradas na casa do concello con anterioridade ao 31 de maio de 2013, e que fosen aprobadas nos seus respectivos exercicios contables.

No concello do Carballiño incluíndo en padroado de turismo, remitíronse no prazo marcado o listado de 113 facturas por un importe total de 356.846,38 euros.

Estas facturas deberían estar pagadas antes do 19 de setembro de 2013, para non ter que modificar o plan de axuste realizado por este concello no ano 2012 motivado polo pagamento de 1.634.612,17 euros, procedentes de facturas da época do goberno socialista nesta casa do concello.

Os 356.846,38 euros foron pagados en tempo e forma polo concello carballiñés, conseguindo así a non modificación do plan de axuste actual (cousa que aconteceu noutros concellos desta mesma provincia, que si tiveron que acudir a unha modificación deste plan). Nese listado foron moitos os provedores locais que comprobaron como as súas facturas foron atendidas por este concello.

Non puideron entrar nesta relación, pois non o permitía o decreto, aquelas facturas que tiveron que ser recoñecidas polo pleno en maio deste ano, por un importe de 358.000 euros, correspondentes a anos anteriores. Malia todo dende o concello se fixo o esforzo para poder pagalas na súa inmensa maioría, seguindo así a máxima de apoiar o comercio e os provedores como base da economía local.

26 de setembro de 2013 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.