O executivo autonómico ofrece colaboración para que Vila de Cruces poida aprobar o plan xeral en outono

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaVila de Cruces
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión con Jesús Otero. Foto: X: Crespo

Encarnación Rivas na reunión con Jesús Otero. Foto: X: Crespo

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela, mativeron hoxe unha reunión para axilizar a tramitación do plan xeral de ordenación municipal que está a redactar o concello.

O encontro de traballo, ao que tamén asitiron técnicos de ambas administracións, serviu para analizar a situación actual de tramitación na que se atopa este proxecto de planeamento, e nomeadamente o seu axuste ao informe autonómico previo á aprobación inicial emitido o pasado mes de marzo.

Rivas Díaz e Otero Varela amosaron cómo o concello e o equipo redactor traballan coordinadamente cos técnicos da Secretaría Xeral de Urbanismo para axilizar ao máximo a incorporación dos novos pasos e trámites co fin de que o PXOM sexa sometido a pleno para a súa aprobación inicial no prazo máis breve posible e a conituación exposto ao público.

Tramitación pendente

Unha vez incorporadas no proxecto do PXOM as consdieracións do informe da Xunta, o concello procederá a súa aprobación inicial polo pleno municipal e o expoñerá ao público durante dous meses para consultas e alegacións.

Simultáneamente se solicitarán ás distintas administracións a emisión dos informes sectoriais: Augas, Estradas, Patrimonio, etc, cuxas determinacións serán incorporadas ao PXOM antes de ser aprobado provisionalmente polo Pleno Municipal e achegado á Xunta para a súa Aprobación Definitiva.

Axuda de 180.000 euros

A Consellería de Medio Ambiente concedeu ao Concello de Vila de Cruces máis de 180.000 euros en concepto de axudas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Con estas subvencións o Goberno galego pretende colaborar cos municipios galegos para que poidan contar cunha figura urbanística que ordene e protexa os seus territorios. Na acualidade o Concello de Vila de Cruces dispón dunha Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas en 1993.

25 de setembro de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.