O establecemento grovense Don Can convértese en protagonista da da campaña “A semana do teu comercio”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Grove
A-
A+
Sol Vázquez na entrega do galardón

Sol Vázquez na entrega do galardón

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, resaltou esta mañá a traxectoria da tenda de mascotas Don Can, no marco da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, que esta semana está dedicada ao Centro Comercial Aberto “De Tendas” de O Grove.

Esta iniciativa, que a Xunta de Galicia pon a disposición dos cidadáns a través do enderezo electrónico portaldocomerciante.blogspot.com.es, busca resaltar o comercio de proximidade e o papel clave que xogan os Centros Comerciais Abertos na súa dinamización. Neste sentido, a campaña premia a aqueles establecementos que souberon adaptarse aos novos tempos grazas a o seu trato próximo e de calidade. Este é o caso de Don Can, un negocio especializado no mundo animal que nace en 1989 dunha paixón, a do seu dono Agustín Fontán Costa polas mascotas.

Economía e industria, a través da campaña “A semana do teu comercio”, reafirma o seu compromiso co comercio galego como sector clave para a reactivación económica das vilas e cidades galegas. Así, para o presente curso, a Consellería destina preto de 2 millóns de euros no impulso de accións de dinamización do comercio de proximidade nos CCAs e prazas de abastos, sendo o Centro Comercial Aberto “De Tendas” de O Grove un dos beneficiarios, con 40.000 euros.

No acto, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, subliñou a importante labor da Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, que nace 1986 co obxectivo de unificar o espazo comercial da vila, na posta en marcha de diferentes servizos e iniciativas de impulso ao comercio local. Na actualidade, transformado en Centro Comercial Aberto, engloba á maioría de sectores do tecido económico da vila, dende o comercio á hostalaría, pasando pola industria, a construción ou os servizos, entre outros.

Dende comezos de ano, a Xunta de Galicia leva destinados máis de 8,5 millóns de euros a liñas de apoio ao pequeno comercio así como ao incentivo das vendas, impulsando o asociacionismo, promovendo a incorporación das TIC, ou apoiando aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais.

6 de setembro de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.