O departamento social ferrolá realizará un curso de habilidades de comunicación para o voluntariado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, deu conta esta mañá na Comisión Informativa de Benestar Social, Igualdade e Xuventude do curso de habilidades de comunicación e relación entre persoas que se celebrará o vindeiro 26 de outubro. Este obradoiro de formación está enmarcado no Plan Formativo de Voluntariado que realiza a área de Benestar Social a través da Oficina de Voluntariado Municipal.

O curso está dirixido a persoas que desenvolven a súa acción voluntaria en programas da Oficina de Voluntariado de Ferrol ou en entidades colaboradora de dita dependencia municipal; persoas que teñen participado na formación básica de voluntariado ofertada polo servizo municipal nos anos 2009 e 2010; e outras interesadas en adquirir ou mellorar as súas habilidades para a relación con persoas ou con colectivos ou grupos. Este obradoiro formativo, cunha duración de 8 horas, disporá dun máximo de 25 prazas e se desenvolverá o vindeiro 26 de outubro, en horario de 10 a 12 e de 16 a 20 horas, na 2º planta do edificio da Casa Solidaria.

Martínez Beceiro explicou que os obxectivos esta acción formativa son identificar e adquirir os principios básicos das relacións de comunicación cun mesmo e os demais, e tamén presentar as habilidades útiles ás persoas voluntarias no seu servizo. Así mesmo, este será o segundo obradoiro realizado dentro do Plan Formativo de Voluntariado que desenvolve a Área de Benestar Social, xa que o pasado 29 de xuño se celebrou un curso básico de voluntariado. Ademais, será ofertado un terceiro curso formativo  que estará centrado na atención á discapacidade e dependencia e se realizará o vindeito mes de decembro.

26 de setembro de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.