O departamento social de Ortigueira promove unha viaxe sociocomunitaria ao País Vasco
Tras a boa acollida dispensada ás rutas etnoturísticas desenvolvidas durante a pasada primavera, a Concellaría de Benestar Social retomará en outubro o seu programa de viaxes sociocomunitarios. O destino da primeira saída desta tempada levará os excursionistas orteganos ata o País Vasco (Bilbao e San Sebastián). O próximo luns ábrese o prazo para inscribirse.
A viaxe (4 días e 3 noites) terá lugar entre o 17 e 20 de outubro e ofrecerá, ademais de percorridos guiados polas cidades de Bilbao, en cuxo centro urbano se aloxarán os viaxeiros, e San Sebastián, visitas ás localidades costeiras de Getxo, Lekeitio, San Juan de la Luz e Biarritz, estas dúas últimas situadas xa no País Vasco francés.
Detallan dende a concellaría que o prezo da viaxe será de 295 euros e incluirá os gastos de transporte, aloxamento (cuartos dobres), e almorzo en hotel de 3 estrelas na cidade do Guggenheim, os xantares dos 4 días e o servizo de guía.
O prazo de inscrición no centro social de Ortigueira (tlf. 981402542) abrirase o próximo luns 16 de setembro e as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Por iso, anímase aquelas persoas que estean interesadas en participar a anotarse canto antes.
O programa de viaxes sociocomunitarios é unha das propostas que vén impulsando a área de Benestar dentro das iniciativa municipais de participación social, tendentes a fomentar a relación entre veciños do municipio.











