O departamento social de Ordes organiza unha excursión de maiores por Andalucía
O Concello de Ordes ven de abrir o prazo para participar na excursión organizada para os maiores do municipio, e que nesta ocasión transcorrirá por terras andaluzas. Concretamente visitaranse as provincias de Córdoba, Sevilla e Granada dende o 22 ata o 27 de outubro. Os interesados deberán formalizar a súa inscrición ata o 14 de outubro no Departamento de Servizos Sociais. As tasas inclúen a estancia en hotel baixo réximan de pensión completa, servizo de autobús, seguro de viaxe, e visitas guiadas nas cidades máis destacadas. Para levar a cabo esta viaxe precisaranse un mínimo de 35 persoas inscritas.











