O departamento social de Gondomar organiza unha viaxe a La Rioja

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar,  a través da  Axencia de Viaxes  PONTETUR S.L.:XG-297 , organiza unha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a La Rioja.

A data desta viaxe, será o vindeiro día 21 de Outubro e constará de 5 días, de luns a venres.

O prezo, de 335 € por persoa, inclúe hotel de tres estrelas no centro de Logroño, pensión completa, bebidas , guía acompañante,  guía local oficial en Nájera e Logroño,   e Santo Domingo de la Calzada, entradas en bodegas de viño da Denominación de Orixe Rioja e  seguro de asistencia.

As persoas interesadas en reservar praza deberán facelo antes do 27 DE SETEMBRO. Máis información no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura.

6 de setembro de 2013 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.