O departamento social abre o prazo para participar nas actividades de Encontro e Lecer
A Concellería de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación abre o prazo de inscripción para o programa de Actividades de Encontro e Lecer 2013/2014. As iniciativas teñen como obxectivos xerais a promoción da participación social, o fomento da vida activa e a prevención de situacións de risco de exclusión social co fin principal de contribuir á mellora do benestar social e da calidade de vida dos veciños do noso municipio.
É un programa deseñado para ofrecer distintas actividades dirixidas aos diferentes colectivos presentes na comunidade e que complementa a oferta cultural, educativa e deportiva do municipio. Destácase a creación de tres actividades novas que son: Taller de Xestión do Estrés e Ansiedade; Taller de Educación para a Saúde “Pensando en Nós” e un Obradoiro lúdico cultural para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Asemade ampliase o número de grupos nas actividades de Taller de Memoria e Informática para a 3ª idade.
O prazo de inscrición das actividades anuais e do 1º cuadrimestre (outubro-xaneiro) será do 02 ao 16 de setembro de 2013, ambos inclusive e para as actividades do 2º cuadrimestre (febreiro-maio) do 02 ao 14 de xaneiro de 2014.
-ACTIVIDADES para a Terceira Idade
Entre as actividades destacan para a terceira idade; o taller de memoria, o taller de educación para a saúde para a terceira idade “pensando en nós”, e un de manualidades.
-ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS
Informática básica para a terceira idade, ximnasia de mantemento para a terceira idade, Fotografia dixital camara réflex, obradoiro de pintura, obradoiro de corte e confección e un obradoiro de relaxación e expresión corporal.
-ACTIVIDADES para menores
Taller para a xestión do estrés e ansiedade, curso de coidador de coidadores e un taller lúdico- cultural para menores E. Primaria.
-ACTIVIDADES para persoas con discapacidade
Taller lúdico cultural para menores de eso e natación para persoas con discapacidade.
-ACTIVIDADES para persoas con diversidade funcional
Estará destinada a mulleres e homes con discapacidade, empadroados no Concello de Cambre, en posesión de certificado de minusvalía, con idades comprendidas entre os 18 e os 45 anos. O número total de prazas é de 20 por actividade.
SAIDA DE OCIO o día 21/09/2013 de 20:00 a 00:00 h: Saída en horario de tarde noite para disfrutar de actividades recreativas.
COÑECEMENTO DO ENTORNO o día 19/10/2013 de 10:00 a 14:00 h : Saída polo municipio de Cambre acompañados por persoas voluntarias para profundar no coñecemento do entorno.
MAGOSTO o día 16/11/2013 de 16:00 a 21:00 h: Festa tradicional do Magosto con merenda e castañas incluídas.
SABADO DE CINE o día 14/12/2013 de 16:00 A 21:00 h : Asistencia a un espazo de proxección cinematográfica para o visionado dunha película que sexa de interese para o grupo de usuarios participantes.











